Periodo de inscrición nas actividades extraescolares para o actual curso 2025-2026:
PECHADO
Para calquera información, enviade correo a anpa.rainha@gmail.com
*******************************************************************************************************************************************
Este cadrante de actividades extraescolores pode sufrir modificacións de última hora. Podedes contactar con nós a través das canles habituais para confirmar calquera dúbida
*******************************************************************************************************************************************
Estimadas familias:
Dende a ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA poñemos en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.
PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES É NECESARIO PAGAR UNHA MATRÍCULA DE 23 EUROS POR CURSO E FAMILIA.
A MATRÍCULA É GRATUÍTA PARA AS FAMILIAS QUE SE ASOCIEN Á ANPA NO CURSO 2025-2026. Ver menú Asociarse.
A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude.
O enlace para formalizar a inscrición é o seguinte: https://docs.google.com/forms/d/1fnrGUOM0Hr6RH-KwBhWFTudCorm23nDpx7p0anX0iUM/viewform?edit_requested=true
Unha vez recibidas e revisadas as inscricións comunicarase por correo electrónico se o voso fillo/a foi admitido na mesma ou se queda en lista de agarda.
Para que as actividades se poidan desenvolver necesítase un mínimo de 8 alumnos/as.
No caso de que nalgunha actividade non se acade o mínimo informarase de tal circunstancia por mail.
O COMEZO DAS ACTIVIDADES está previsto para a semana do 1 DE OUTUBRO e que continúen de forma regular ata final de curso.
O mes de outubro cobrarase por adiantado no mes de setembro a modo de garantía de reserva a todos aqueles que formalizaron a matrícula.
FORMA DE PAGO: A DOMICILIACIÓN REALIZARASE DO 1 AO 10 DE CADA MES NA CONTA INDICADA POR CADA FAMILIA.
PARA CURSAR A BAIXA NUNHA ACTIVIDADE É NECESARIO COMUNICALO Á EMPRESA POR TELÉFONO OU CORREO-E ANTES DO DÍA 20 DO MES ANTERIOR. (As devolucións de recibos supoñen un recargo de 4 €).
PREZOS:
• Actividades 1 hora á semana (todas excepto patinaxe): 18 €/ mes
• Actividades 2 horas á semana (patinaxe): 26 €/mes
As actividades de teatro, baile tradicional e pandeireta están subvencionadas pola Deputación da Coruña.