A Concellería de Mobilidade e Convivencia acadou en Outubro de 2023 un acordo coa empresa xestora do aparcadoiro A Catedral na rúa Galeras que permitirá mellorar as dinámicas de entrada e saída do centro escolar. Este acordo recolle a dispoñibilidade de aparcamento gratuíto durante 15 minutos nos franxas horarias de entrada e saída do centro escolar para todas as familias da súa comunidade escolar.
Para acceder ao aparcadoiro gratuíto, é preciso solicitar a tarxeta moedeiro nas dependencias do propio aparcadoiro presentando un xustificante de ser membro da comunidade escolar. Con esa tarxeta moedeiro permitiranse 15 minutos gratuítos de aparcamento e se se excede ese tempo, haberá que abonar a tarifa correspondente ao tempo de estadía que supere ditos minutos.
O aparcadoiro A Catedral conta con vixilancia, iluminación e accesibilidade.