Preme no enlace de cada grupo para máis información das actividades e recursos compartidos:
Grupo de Traballo de Diversidade e Xénero: Este grupo pretende traballar dun xeito transversal a educación afectivo sexual e a diversidade; entendendo ambos como eixos sobre os que debe desenvolverse unha infancia respectuosa, feliz e en harmonía na sociedade
Grupo de Traballo Entroido: preparación de todo o necesario para organizar unha comparsa que participe no desfile de entroido en Santiago de Compostela.
Grupo de Traballo Excursión Portugal: a organización desta actividade tradicional da ANPA necesita da implicación de familias promotoras para a súa continuidade.
Grupo de Traballo de Diversidade Lingüística: Este grupo busca promover o valor da diversidade lingüística como unha riqueza que fortalece a convivencia, a identidade e o respecto pola pluralidade. Traballaremos para fomentar a tolerancia cara todas as linguas presentes na comunidade educativa, e tentaremos impulsar o uso do galego de maneira positiva e natural, evidenciando as vantaxes do plurilingüismo tanto individual como colectivo como elemento chave nunha sociedade diversa e plural.