25N: Recomendación de lecturas que falan sobre o bo trato e a igualdade e pódense usar como ferramenta coas nosas crianzas.
A Historia de Ana: Nos últimos tempos estamos atopando cada vez máis, con situacións de burlas e humillacións entre o alumnado, e pensamos que é fundamental actuar para previr e reducir este tipo de conductas. Con este conto, buscamos fomentar a reflexión e dar ferramentas para que o bo trato e a empatía sexan valores que formen parte da nosa vida diaria no cole. Sabemos que os pequenos xestos poden marcar grandes diferenzas.
3 Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Presentamos cartel no que destacan dereitos fundamentais como a inclusión, a educaión de calidade, a comunicación, a participación activa e o respeto. O obxectivo é convidarvos a reflexionar, tanto na escola como nos fogares, sobre a importancia de eliminar as barreiras e favorecer un entorno onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades.
Guía para familias: Neurodiverxencias. Como falar as nosas crianzas sobre a neurodiverxencia.